

Corría o ano 1993, foi naquel momento cando decidín levar a cabo en compañía dun grupo de camaradas afíns a miña primeira experiencia televisiva. Era unha idea que levaba rondandome pola cabeza facía tempo. O proxecto consistía en lanzar dende a (xa desaparecida) Televisión Local de Narón ese espacio musical que sempre quixemos ver na pantalla, e que naqueles intres non existía... e agora tampouco, para ser honestos.O proxecto morreu de inanición, pouco a pouco. Cada vez custaba mais sacar tempo, financiar o material, pagar as facturas da electricidade, a gasolina, etc... Agora e gracias as novas tecnoloxías podémolo compartir con vos. Esperamos que o disfrutedes coma nos o fixemos dándolle vida. A remisión de "Gorevision TV" comezara o 27 de decembro as 21:30. Coa colaboura de Quadra Produccions Audiovisuais.
Un saúdo a todos os que o fixemos posible, a moitos perdinlles a pista. Vai por vos. Foi unha época fermosa.
Os medios fanse eco:
AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA











