miércoles, 25 de julio de 2007

Recoñecemento

No meu barrio algúns todavía o lembran. No mes de abril do 2003 a nosa curtametraxe "As Muxicas" era seleccionada na IV Edición do Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española/ SGAE. Para complementala súa proxección contárase no plató do devantido programa -presentado por Cayetana Guillen- coa presencia dos cineastas Miguel Picazo e Alejandro Amenabar, que comentaron a peza ante a miña atónita mirada. Sen entrar noutro tipo de valoracións, aquel feito pareceume dende o primeiro instante o recoñocemento a unha labor que arrancaramos no 2000 e que comezaba a velos seus froitos -e despois de moitísimo esforzo- tres anos despois. Paréceme de xustiza -ademais- destacar, que foi aquela unha das poucas ocasións (ata entón) nas que se puido desfrutar de cinema galego (e en galego) nunha televisión española.

¿A conto de qué ven rescatar agora este documento histórico do caixón dos recordos? Ben... Pois para celebrar que o recoñocemento volta a chamar a nosa porta, e que esta vez non tivemos que movernos da terra para saborealo.

Graciñas de todo corazón a quen corresponda.

2 comentarios:

Carlos Atanes dijo...

Me alegra que hayas recuperado este documento. No lo había visto hasta ahora. Se te nota un poco nervioso pero mantienes muy bien la dignidad.

El señor Picazo entra en un cierto bucle telúrico, pero aún así su intervención es bastante más interesante que la del chavalín que tiene sentado al lado. Hubiera estado bien que Cayetana te tirara más de la lengua porque se nota que tenías cosas que contar. En cualquier caso estuvo muy requetebién que pasaran tu corto y que te sentaran ahí a dar la cara. Espero verte en más como ésta pronto.

Un abrazo, y felicidades por tus recientes reconocimientos, que sabes que creo que tienes más que bien merecidos.

Tomine dijo...

É esta emisión do 2003, precisamente, a responsable de que un servidor dera coa personalidade de Carlos Alberto Alonso e tivera a oportunidade de coñecer da súa existencia vendo As Muxicas. Aínda lembro, coma se fose onte, o efecto que produciu en min. Cómo a calmosa sucesión desas imaxes hipnóticas e extrañamente secas, coma sacadas da terra de raíz, me despertaron do amodorramento no que me atopaba. Eran, efectivamente, "as muxicas" as responsables. Eran elas, e un pandeiro, un galo e un trebón, os que nunca me soaran de forma tan estraña coma aquela noite.

Aproveito para decir, posto que foi hoxe cando o descubrín, que son eu o que agradece a presenza dunha crítica miña na sección de Prensa desta boa páxina. Un saúdo e a seguir camiñando.