martes, 27 de noviembre de 2007

"As Muxicas" en "Petín, un pobo de cine"

Como o lema da mostra que leva o seu nome, Petín é un Pobo de Cine. Neste concello ourensano, rodouse -con exteriores na valdeorresa aldea de Santa Olalla- unha das primeiras películas longas en galego “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, estreada en 1989.

Este ano a mostra “Petín un pobo de cine” -que leva organizándose dende o 1998- pretende especializarse na temática de "Medio Rural e Medio ambiente". As proxeccións realizaranse na Casa de Cultura de Petín, e a programación estará formada por curtametraxes e documentais galegos.

O sábado 01 de decembro as 19:30 poderanse ver as curtas: “A boa caligrafía” (2004) de Alex Sampayo, "Adeus Edrada?" (2006) de Ruben Riós, "As Muxicas" (2002) e "A meiga chuchona" (2006) de Pablo Millán; o domingo 02 de decembro ás 19:30 proxectaranse as curtametraxes "Danza da terra" (2006) de Xosé Vilaboy, "Isolina do Caurel" (1996) de Chema Gagino e "Mamasuncion" (1984) de Chano Piñeiro (foto superior); o luns 03 de decembro poderase desfrutar do documental "Gran Superficie" (2005) de María González, Pedro Ramiro e Isidro Jiménez; o martes 04 de decembro "2050. How soon is now?"(2006) de Ruth Chao e Javier Silva; o mércores 05 de decembro a estrea do documental "Xares, o río que nos leva" (2007) de Pedro Prada, e pechando as xornadas, o xoves 06 de decembro proxectaranse os documentais “Lobos Sucios” (2006) de Felipe Rodríguez e “Con animo de lucro” (2006) de Joan Planas.


Trailer de "Adeus Edrada?" (2006)

miércoles, 21 de noviembre de 2007

1921 - 2007

Talento irrepetible, personalidade única...
Ademáis de soberbio intérprete, reputado dramaturgo e académico da lingua española, un dos autores-directores de cine máis grandes da historia do sétimo arte de aquí... e de acolá. Obras coma: El malvado Carabel (1956), La vida por delante (1958), La vida alrededor (1959), Solo para hombres (1960), La Venganza de Don Mendo (1961), El extraño viaje (1964), El mundo sigue (1965), Ninette y un señor de Murcia (1965), Mayores con reparos (1966), Juan Soldado (1973), Yo la vi primero (1974), El Pícaro (1974), Bruja, más que bruja (1976), Cinco Tenedores (1979), Mambrú se fue a la guerra (1986), El viaje en ninguna a parte (1986), El mar y el tiempo (1989) ou Siete mil días juntos (1994) atestiguano…

Da imaxe que os medios de comunicación deron deste venerable ancián nos últimos anos prefiro non falar, porque envenenome. Pero non deberíamos estrañarnos de que se trate así aos grandes, neste tempo de incultos, necios, envexosos e mediocres. Analizando a súa traxectoria (incluíndo as súas máis de 200 películas coma interprete) e por si alguén tivera algunha dubida de quen foi en realidade este home, caemos na conta de que ésta fala por si sola, e se non me creen, elixan ao azar calquera dos títulos que arriba lles indico e descubrirán, agás dunha lección -coma mínimo digna- de cine, a un creador que rebosa humanidade, conciencia social e histórica, corrosivo sentido do humor, e por suposto talento. Esto último, algo imperdoable, nos tempos, e no lugar que lle (nos) tocou vivir.

Agora si “maestro”, xa non fai falla que mande a nadie a ningún sitio, déixenos a todos aquí, e marche vostede a onde lle corresponde: ó Olimpo dos Xenios.



Por sempre grande, Fernando Fernán Gómez.


"La vida por delante" (1958)... 01


La vida por delante (1958)... 02

"La vida alrededor" (1959)

"La Venganza de Don Mendo" (1961)

"El extraño viaje" (1964) ... 01

"El extraño viaje" (1964)... 02

Carlos Larrañaga habla sobre "El extraño viaje" ...

"El Picaro" (1974)


"El viaje a ninguna parte" (1986)