viernes 17 de junio de 2011
miércoles 18 de mayo de 2011
Sábado 21 de maio, Festa das Letras Galegas en MADRID
O sábado 21 de maio, Festa das Letras Galegas en MADRID cun amplo programa de actividades musicais e audiovisuais que incluirán a proxección de “As Muxicas” ás 19:00 na Sala 2, e “Naturalidade Silvestre: Roger de Flor” (Versión Redux) ás 16:00 na Sala 1. E ás 21:00 gran festa gastronómica: empanadas de carne e bonito, pulpo á feira, boliños preñados, tarta de Santiago, viño albariño “Valmiñor”, cervexa, licor café, e como non Queimada, na LA TABACALERA (Calle Embajadores 53, Madrid). Idevolo perder?. Programación completa na web oficial de http://www.galiciaenmadrid.com/programa/festa das letras gallegas TABACALERA 21-05-2011 from Ángel Araújo on Vimeo.
martes 15 de marzo de 2011
"Naturalidade Silvestre: Roger de Flor" nominado aos Premios Mestre Mateo 2010 na categoría de Longametraxe Documental
Necesitabamos algo, así... O recoñecemento ao traballo duns grandísimos artistas: Roger de Flor, O Neno Elliott, Magín Blanco, O Marqués das Viñas, Cabe, Sergei Izmailov e tódolos músicos "invisibles" que saídes no documental (e os que non tamén) ... Merecedes todo esto e moitos máis.
*O mércores día 6 de abril se proxectarán nos Cines Duplex de Ferrol, "Gato Encerrado" (Peque Varela) e "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" (CAAlonso), os dous traballos de cineastas ferroláns nominados aos Premios Mestre Mateo 2010. Organizado por Axente Cultural e o Concello de Ferrol.
Nos medios:
Divertimento para Pequenos Monstros
Entrevista Radiofónica a CAAlonso (08/04/2011)
sábado 8 de enero de 2011
miércoles 1 de diciembre de 2010
sábado 13 de noviembre de 2010
Berlanga e As Muxicas
No ano 2003, Luis Garcia Berlanga formou parte do xurado do Festival de Cine Negro de Manresa, foi él quen persoalmente pelexou contra outros membros de dito xurado -mais embelesados , ao parecer, pola forma que polo fondo dos traballos a concurso- para que a nosa curta As Muxicas levara o primeiro premio, consistente nun fermoso trofeo e unhas pesetiñas que... para que negalo, viñeronnos de maravilla para seguir adiante. Unha verdadeira miragre. Despois daquel premio, e tras levar casi catro meses movendo a curta entre festivais peninsulares... sen éxito, As Muxicas comezou unha traxectoria que a levou polos mais importantes festivais de todo o mundo, incluso alguns programadores retractaronse e tras rexeitala nun primeiro momento quixeron incluia de novo na súa seleccion oficial a concurso. Por sempre graciñas Mestre.
lunes 18 de octubre de 2010
Ciclo "Novo Cinema Galego" na Casa das Campás (Pontevedra)
"O 2 de xaneiro deste ano, nas páxinas culturais de Xornal de Galicia, o crítico Martin Pawley arriscaba un titular: "2010, Ano do Audiovisual Galego". Así, en maiúsculas. E nas dúas primeiras liñas dobraba a aposta: “2010 será o ano máis importante da historia do audiovisual galego”. Cinco meses e medio despois, o 22 de maio, unha das películas nas que Pawley sustentaba o seu todo ou nada, o debut de Oliver Laxe na longa distancia, gañaba o premio da crítica no Festival de Cannes. Coa beizón a Todos vós sodes capitáns na Croisette, a etiqueta “Novo Cinema Galego” empezaba a funcionar.Martin Pawley, Xurxo González e outro colaborador deste diario, o crítico José Manuel Sande, programador da filmoteca galega (CGAI), encárganse de consolidar agora esa etiqueta cun ciclo de proxeccións e coloquios que ocupará a Casa das Campás de Pontevedra todos os venres (19.00 horas) até o 3 de decembro. Novo Cinema Galego, como se alcuma o programa, está coordinado por Suso Novás e patrocinado pola Universidade de Vigo.
Dúas pezas curtas de Peque Varela (Ferrol, 1977) e Oliver Laxe (París, 1982), as seminais 1977, París#1, abriron a programación o pasado venres, e esta semana a quenda será para unha escolma dos traballos do colectivo WeareQQ, formado polo galego Vicente Vázquez e a vasca Usue Arrieta. Nas outras seis sesións proxectaranse tamén obras de Susana Rei, Pablo Millán, Víctor Hugo Seoane, Ramiro Ledo, Xurxo Chirro, Lara Bacelo, Ángel Santos, Antón Caeiro, Alberte Pagán e Carlos Alberto Alonso.
Sete epígrafes organizan a programación. Sete palabras de orde que trazan ou poden axudar a trazar algúns dos elementos que converten a etiqueta “Novo Cinema Galego” nunha ferramenta útil para describir o que se está a facer agora en Galicia: Territorios, Axencia Galega do Audiovisual, Na descuberta, Reciclaxe, Cinefilia, Cine, vídeo e dixital e En concerto.
Aínda que faltan nomes, como os de Marcos Nine ou Eloy Enciso, entre outros, o crítico Martin Pawley cre que a nómina é abondo significativa. Con algunha excepción, son autores nacidos a finais dos 70 ou nos primeiros anos dos 80 que se formaron, na maioría dos casos, fóra de Galicia. Proceden en ocasións de campos alleos ao estritamente cinematográfico e rebélanse, consigna o crítico, “contra a tiranía da ficción”. E fano ademais dende unha profunda cultura visual. É o que o ciclo chama, non sen riscos, cinefilia.
A través dos coloquios que seguirán ás proxeccións, os responsábeis da mostra queren profundar nas causas da aparición desta xeira de cineastas. Unha delas podería atoparse nas políticas audiovisuais desenvolvidas polo goberno bipartito a través da Axencia Audiovisual Galega e as axudas á promoción do talento, hoxe en cuestión. Esa experiencia protagonizará a sesión do vindeiro 29 de outubro".
Fonte: Iago Martínez ( Xornal.com )

