jueves, 20 de marzo de 2014

O problema é que a industria nunca creu no propio país e nunca apostou polos actores e directores do país, nunca apostou polos proxectos de aquí.

(...) Non estou dicindo que o fagan á mantenta, non creo que sexa unha cuestión ideolóxica, é unha cuestión de ignorancia simplemente (...) Hai tres momentos clave. O do vídeo galego dos noventa, que foi un momento brillante e que funcionaba moi ben a nivel internacional. E todos eses profesionais foron fagocitados pola Televisión de Galicia ou pola publicidade. Hai unha segunda xeración, que é a que sae da Escola de Imaxe e Son, que tamén era xente moi brillante, que facía cousas moi prometedoras, e que acabaron convertidos en artesáns da industria, que non entendeu que tiña que ter apostado por eles. E o terceiro momento é o actual, o novo cinema galego. O problema é que a industria nunca creu no propio país e nunca apostou polos actores e directores do país, nunca apostou polos proxectos de aquí (...) Fonte: http://praza.com/cultura/6770/non-hai-politica-audiovisual-e-non-creo-que-sexa-unha-cuestion-ideoloxica-e-ignorancia-simplemente/