Sonotone, é unha revista dixital de edición semanal -e en galego- dedicada á música de aquí e de fóra,onde podedes atopar novas, entrevistas e reportaxes. Ademais de interesantísimas seccións dedicadas ao cine, o teatro e á literatura. Na súa derradeira actualización invitaron a CAAlonso a contestalo seu cuestionario “As dez de...”, na que o cineasta ferrolán comenta assúas 10 cancións preferidas de tódolos tempos. E aproveitando que as novas tecnoloxías o permiten, aquí podedes gozar dunha delas e do seu portentoso videoclip. "Hurt" dos Nine Inch Nails, versioneada polo finado "man in black" Johnny Cash...
No hay comentarios:
Publicar un comentario