Seguindo co propósito de incorporar as pezas galegas perdidas en Internet, a Axencia do Audiovisual Galega pon á disposición dos internautas a meirande parte da filmografía do director ferrolán CAAlonso. Unha retrospectiva que ben se podería titular "Carlos Alberto Alonso: do Capitán Hixiénico a Ciudad-Ciutat-Cidade".
Teutubo estase convertendo nun lugar de referencia para moita xente que entra na rede para descubrir ese audiovisual galego independente (de guerrillas ou como queiramos chamalo) que nalgúns casos non ten facilidade para exhibirse nin sequera nos circuítos habituais desta forma fílmica. Pouco a pouco, e gracias a suxestións dos propios creadores, imos incorporando novas pezas.
Desta forma pódese gozar da curta naif “As Aventuras do Capitán Hixiénico” (1992) ; do documental “Perla” (1995) ; dos videoclips de Blood Filloas “Gorevisión” (1994 -1995) e “Superhéroe” (1996) ; das ficcións “The End” (1996) e “As Muxicas” (2002) , do documental “¿Nunca Máis?” (2005) , e das pezas audiovisuais “Karma” (2007) e "Ciudad Ciutat Cidade" (2007).

No hay comentarios:
Publicar un comentario