Como o lema da mostra que leva o seu nome, Petín é un Pobo de Cine. Neste concello ourensano, rodouse -con exteriores na valdeorresa aldea de Santa Olalla- unha das primeiras películas longas en galego “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, estreada en 1989.
Este ano a mostra “Petín un pobo de cine” -que leva organizándose dende o 1998- pretende especializarse na temática de "Medio Rural e Medio ambiente". As proxeccións realizaranse na Casa de Cultura de Petín, e a programación estará formada por curtametraxes e documentais galegos.
O sábado 01 de decembro as 19:30 poderanse ver as curtas: “A boa caligrafía” (2004) de Alex Sampayo, "Adeus Edrada?" (2006) de Ruben Riós, "As Muxicas" (2002) e "A meiga chuchona" (2006) de Pablo Millán; o domingo 02 de decembro ás 19:30 proxectaranse as curtametraxes "Danza da terra" (2006) de Xosé Vilaboy, "Isolina do Caurel" (1996) de Chema Gagino e "Mamasuncion" (1984) de Chano Piñeiro (foto superior); o luns 03 de decembro poderase desfrutar do documental "Gran Superficie" (2005) de María González, Pedro Ramiro e Isidro Jiménez; o martes 04 de decembro "2050. How soon is now?"(2006) de Ruth Chao e Javier Silva; o mércores 05 de decembro a estrea do documental "Xares, o río que nos leva" (2007) de Pedro Prada, e pechando as xornadas, o xoves 06 de decembro proxectaranse os documentais “Lobos Sucios” (2006) de Felipe Rodríguez e “Con animo de lucro” (2006) de Joan Planas.
Trailer de "Adeus Edrada?" (2006)
No hay comentarios:
Publicar un comentario