miércoles, 19 de diciembre de 2007

Gorevision TV: dende o pasado chegou o futuro

Corría o ano 1993, foi naquel momento cando decidín levar a cabo en compañía dun grupo de camaradas afíns a miña primeira experiencia televisiva. Era unha idea que levaba rondandome pola cabeza facía tempo. O proxecto consistía en lanzar dende a (xa desaparecida) Televisión Local de Narón ese espacio musical que sempre quixemos ver na pantalla, e que naqueles intres non existía... e agora tampouco, para ser honestos.
.....................................................................................................Chamámoslle “Gorevision”, un xogo de palabras entre o termo “Televisión” e o vocablo anglosaxón “Gore”, que como moitos saberedes refírese a un tipo de cine no que a sangue e as vísceras abundan especialmente, e dicir, “Televisión feita coa sangue e as vísceras” ou en definitiva, feita co corazón. Tal cual.
......................................................................................................O experimento tentaba ser unha mestura entre “La Bola De Cristal” e "El astronauta" mítica longametraxe do interesantísimo cineasta Javier Aguirre. Foron case corenta programas, dos que polo de agora so conseguimos recuperar 33. Por Gorevision pasaron nada menos que xente coma Siniestro Total, Australian Blonde, Los Flechazos, Deltonos, Los Sencillos, Ben Vaugh, The Chevelles, Juan De Pablos, Santiago Segura, Cool Jerks, Toñito Blanco ... e un largo etcétera que converteron aquela época, para aqueles rapaces que rondabamos os vintepoucos anos, en algo espectacular, emocionante e inaudito.

O proxecto morreu de inanición, pouco a pouco. Cada vez custaba mais sacar tempo, financiar o material, pagar as facturas da electricidade, a gasolina, etc... Agora e gracias as novas tecnoloxías podémolo compartir con vos. Esperamos que o disfrutedes coma nos o fixemos dándolle vida. A remisión de "Gorevision TV" comezara o 27 de decembro as 21:30. Coa colaboura de Quadra Produccions Audiovisuais.

Un saúdo a todos os que o fixemos posible, a moitos perdinlles a pista. Vai por vos. Foi unha época fermosa.

Os medios fanse eco:
AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA

5 comentarios:

Manuel Macou dijo...

Boa música en Gorevision. Dune e Kurt Cobain. Boa música si señor :).

Carlos Alberto Alonso (www.asmuxicas.com) dijo...

E eso non e nada, camarada Macou. Este Satelite ben cargadiño de sorpresas... ;)))

Saudos

CresceNet dijo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.

sara jess dijo...

je, CUCO é un grande amigo! va que non sabìas iso?

;)

Carlos Alberto Alonso (www.asmuxicas.com) dijo...

boas sara...

celebro verte por aqui tamen. envidiable a tua vida social ;) coñezo a Cuco dende fai pouco, pero doume tempo de descubrir a sua profesionalidade e unha pouco habitual bondade.

saudos

CAA