domingo, 21 de diciembre de 2008
Un vídeo monótono, coma outro calqueira...
martes, 2 de diciembre de 2008
O vídeo clip máis canalla de Roger de Flor
Hai quen di que nunca debes laiarte dos tempos que che tocou vivir, pois de pouco te servirá. Xa nos oitenta Golpes Bajos cantaba aquelo de "... malos tiempos para la lírica". En tódalas épocas hai esa excepción que confirma a regra, e si entón era German Coppini quen nos daba o toque de atención, agora está aquí Roger de Flor para demostrar que nos comezos do Seculo XXI a cousa non anda moito mellor.
“Cuanto hay que aguantar!”, é o segundo adianto (o primeiro foi “Os dous amigos”) do seu disco “Naturalidad Silvestre (2008)” que sairá a luz en pleno Nadal e que virá acompañado dunha sorprendente xira de presentación en directo que principiará o 26 de decembro no Ateneo Ferrolán para continuar por Vigo e A Coruña, entres outras cidades galegas. Nesta ocasión o bardo limodrés sofre unha insólita mutación, converténdose nun "impersonator" do Sinatra máis “ratpackiano”. Isto e moito máis nunhas imaxes que toman como decorado a noite ferrolá máis insospeitada, neste novo vídeo do tandem Alonso-De Flor (co apoio loxístico de Ruben Coca Producións) que mestura á “Nouvelle Vague” cun Fred Astaire de mércores de mercadillo en Recimil.
Os medios fanse eco:
La Voz de Galicia
Diario de Ferrol
Axencia Audiovisual Galega
viernes, 7 de noviembre de 2008
"As Muxicas" incluida na rede Cinemas Dixitais da Axencia Audiovisual Galega
viernes, 26 de septiembre de 2008
“Mínimo común múltiplo 2.0” no MIVICO 08
sábado, 16 de agosto de 2008
“Planeta 19” vence no Apologhit 2008
Sorte en Laponia, rapaces!!!!
domingo, 27 de julio de 2008
Innisfree atópase en Nogueirosa
ULTIMA HORA: Xa rematou o prazo de votacións en A Polo Ghit, e xa se coñecen os primeiros finalistas, os escollidos cos votos do público. A eles sumaranse outros cinco preferidos polo xurado, e que se farán públicos o sábado. Por esta orde, Arroz, da Banda Potemkin, con 2.743 votos; Licor café, de Skándalo GZ, con 2.639; Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags, con 1.883; Punteirolo pola escuadra, de Trapos sucios, con 1.810; Os dous amigos, de Roger de Flor, con 1.714, e Quente, de Sínefres, con 1.668, xa están máis preto de Luleå.
Segundo se indica nas bases do concurso, o sábado 2 de agosto coñeceranse os dez finalistas, os escollidos polos votos dos internautas e outros cinco designados polo xurado. Abrirase así un novo prazo de votacións para escoller o gañador. A votación popular pecharase o mércores 13 de agosto ás 00:00. O sábado 16 de agosto daranse a coñecer as cancións gañadoras, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.
Os medios fanse eco:
La Voz de Galicia 17/07/08
Diario de Ferrol 27/07/08
Axencia Audiovisual Galega 29/07/2008
Radiofusion 31/07/2008
Vieiros 31/07/2008
sábado, 14 de junio de 2008
Boy Elliott, Roger de Flor, Los Cosmonautas Rusos e Quant no Apologhit 08
Poderedes votar a “Planeta
O sábado 2 de agosto coñeceranse os dez finalistas, cinco escollidos polos votos dos internautas e outros cinco designados polo xurado. Abrirase entón un novo prazo para as votacións e así escoller o gañador. A votación popular pecharase o mércores 13 de agosto ás 00:00. O sábado 16 de agosto daranse a coñecer as cancións gañadoras, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.
miércoles, 21 de mayo de 2008
Ferrol - Ortegal visto por Dani de la Torre
A pesar de ser un dos entornos naturais mais impresionantes de Galicia, os exteriores da comarca de Ferrolterra non son habituais en produccións audiovisuais galegas ou foráneas. Cineastas coma Roman Polansky con “La muerte y la doncella” ou Win Wenders con “La letra escarlata” foron quen de extraer ás paisaxes da terra de Trasancos parte da maxia e desa fotoxenia natural da que son poseedoras. Agora é o monfortino Dani de la Torre, nesta producción publicitaria encargada polo Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol - Ortegal, o responsable de retratar a nosa comarca como poucas veces un servidor tivo a oportunidade de disfrutar.
Para quen non o coñeza, ó artífice deste pequena xoia, Dani é sen dubida a gran promesa do audiovisual galego que está por vir. Responsable de tres obras puntais na historia da curtametraxe galega, as nunca suficientemente recoñecidas: “Minas”, “Lobos” e “Bos días”, é asinante ademais de virtuosos exercicios de realización no ámbito da publicidade (Santiago: unha cidade de cine, Galicia Ras). Algúns estamos esperando xa con certa impaciencia, ese proxecto seu de longa duración.
Coma ferrolán, e coma camarada, gracias Sr. de la Torre.
*Por certo, precisamente a que para min e a súa mais destacable obra “Minas” é un dos once traballos que CREA (Asociación de Directores de Galicia) proxectará na súa Primeira Mostra de Curtas, un evento en colaboración co CGAI e programado para os días, 6 de xuño, ás 23:00h e o venres 20 de xuño, tamén ás 23:00h. Con entrada de balde.
“Isolina do Caurel”, “O matachín”, “As Muxicas”, “ASIII_Art” e “A luz que ilumina”, no primeiro día. Mentres, no segundo día serán: “Notamotof”, “El camino del agua”, “Minas”, “Leo”, “Corten” e “Riazor Blues”. Despois de cada pase haberá unha mesa redonda cos realizadores.
lunes, 5 de mayo de 2008
The End e As Muxicas no Ciclo Primavera de Cine
O mércores día 7 de maio ás 20:00, o ciclo PRIMAVERA DE CINE, que se ven celebrando nos Cines Dúplex (Travesía Moreno nº 3, Ferrol) dende fai un mes, entra na súa segunda fase, tocándolle o turno as obras de temática amorosa. Para inaugurar tan romántico ciclo, CAAlonso (e dicir, eu) presentará as súas curtametraxes rodadas en formato de
En calquera caso, será unha oportunidade única para poder disfrutar destes dous traballos no seu formato orixinal. “The End” so foi proxectada en dúas ocasións (ainda que hai quen me perxura tela visto no ano 2000 nun cine da cidade antes dunha peli comercial) no seu formato orixinal, no CGAI no 1994 e no O.F.F. de Ourense no 1996. E “As Muxicas” sí, foi proxectada polo mundo adiante en infinidade de ocasións na súa versión celuloide, pero en Galicia só nunha ocasión, no Festival de Cine de Ourense do ano 2003. Queda un pouco estraño falar de copias en
A programación completa do mes de maio será -por tanto- coma sigue:
Día 7 - THE END + AS MUXICAS CAAlonso + LOLITA Stanley Kubrick
Día 14 - PERVERSA LOLA Sonia Méndez + IN THE MOOD FOR LOVE (Dut Yeung Nin Wa) Wong Kar Wai
Día 21 - YOU LOOK RIDICULOUS IN THAT MAKEUP Juan Junquera + FUCKING ÅMÅL (FUCKING AMAL) Lukas Moodysson
Día 28 - ETERNAL SUNSHINE OF THE SPOTLESS MIND (Olvídate de mí!) + HUMAN NATURE Doble Sesión Michel Gondry
Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol. Mil gracias of course, a Ruben Coca e Pablo Portero pola iniciativa, non me cansarei de dicilo.
lunes, 31 de marzo de 2008
Primavera de Cine nos Dúplex de Ferrol
A programación completa do mes de abril será -por tanto- coma sigue:
Día 2 - Ecos + Notamotof + Como se fixo Mínimo Común Múltiplo + THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON de Jeff Feuerzeig
Día 9 - Auga + SYMPATHY FOR THE DEVIL de Jean-Luc Godard
Día 16 - Katiuska + BIRD Clint Eastwood
Día 23 – Formularios truculentos + HIGH FIDELITY de Stephen Frears
Día 30 - 24 HOUR PARTY PEOPLE + NINE SONGS - Dobre Sesión de Michael Winterbottom.
Os programas correspondentes os meses de maio e xuño, ainda estanse ultimando. Estaremos a informar. Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol.
*Señor Coca, aplausos e vítores pola tan necesaria iniciativa. Non convén olvidar ademais, que o Cine Dúplex é a única sala cinematográfica comercial en activo de Ferrol. Moitos pensaran nos Multicines Cinebox, pero aínda que non o pareza pertencen o Concello de Narón. Así están as cousas, si.
martes, 25 de marzo de 2008
miércoles, 9 de enero de 2008
CAAlonso pon imaxes á música de Roger de Flor
“Una desconocida más” foi extraído do derradeiro disco -aínda non editado- de Roger de Flor, “Canciones de amor y retranca”, cuestión que non impide que o bardo “limodrés” se atope xa neste intre ultimando os preparativos para a gravación do que será o seu seguinte CD.
Os medios fanse eco:
AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA
LAVOZDEGALICIA
RADIOFUSION
SONOTONE