miércoles, 21 de mayo de 2008

Ferrol - Ortegal visto por Dani de la Torre

A pesar de ser un dos entornos naturais mais impresionantes de Galicia, os exteriores da comarca de Ferrolterra non son habituais en produccións audiovisuais galegas ou foráneas. Cineastas coma Roman Polansky con “La muerte y la doncella” ou Win Wenders con “La letra escarlata” foron quen de extraer ás paisaxes da terra de Trasancos parte da maxia e desa fotoxenia natural da que son poseedoras. Agora é o monfortino Dani de la Torre, nesta producción publicitaria encargada polo Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol - Ortegal, o responsable de retratar a nosa comarca como poucas veces un servidor tivo a oportunidade de disfrutar.

Para quen non o coñeza, ó artífice deste pequena xoia, Dani é sen dubida a gran promesa do audiovisual galego que está por vir. Responsable de tres obras puntais na historia da curtametraxe galega, as nunca suficientemente recoñecidas: “Minas”, “Lobos” e “Bos días”, é asinante ademais de virtuosos exercicios de realización no ámbito da publicidade (Santiago: unha cidade de cine, Galicia Ras). Algúns estamos esperando xa con certa impaciencia, ese proxecto seu de longa duración.

Coma ferrolán, e coma camarada, gracias Sr. de la Torre.


*Por certo, precisamente a que para min e a súa mais destacable obra “Minas” é un dos once traballos que CREA (Asociación de Directores de Galicia) proxectará na súa Primeira Mostra de Curtas, un evento en colaboración co CGAI e programado para os días, 6 de xuño, ás 23:00h e o venres 20 de xuño, tamén ás 23:00h. Con entrada de balde.

Isolina do Caurel”, “O matachín”, “As Muxicas”, “ASIII_Art” e “A luz que ilumina”, no primeiro día. Mentres, no segundo día serán: “Notamotof”, “El camino del agua”, “Minas”, “Leo”, “Corten e “Riazor Blues. Despois de cada pase haberá unha mesa redonda cos realizadores.

No hay comentarios: