domingo, 21 de diciembre de 2008

Un vídeo monótono, coma outro calqueira...

Nestas datas tan sinaladas nos calendarios das grandes superficies comerciais, sobre todo. Roger de Flor chega ós nosos fogares. O bardo limodrés presentará en dous concertos o seu primeiro disco oficial que leva por título “Naturalidad Silvestre”. As actuacións celebraranse o 26 de decembro ás 22 horas no Ateneo Ferrolán e o 3 de xaneiro en Casa Ardá (Limodre - Fene) ás 22:30. Así mesmo, o día 26 estrearase nesta mesma web o ultimo vídeo clip do tándem Alonso - de Flor (co apoio de Ruben Coca Producións), “Días monótonos”. Gravado en tempo record nos estudios “La Buhardilla” -que o cantante Fenés utiliza como búnker creativo en Limodre (Fene, A Coruña)- o vídeo intenta retratar de maneira sinxela o devenir nun día da vida dun artista bohemio, no contexto dunha comarca en declive industrial crónico na Galicia dos comezos do século XXI.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha intuición terrible e unha convicción absoluta. A primeira, que tanto talento musical e visual van seguir pasando desapercibidos por un "mainstream" afeito aos lugares comúns e á falta de paixón e sensibilidade. A segunda, que algún día alguén estudará estos traballos de Roger e Alberto e se preguntará pola esencia da excelencia creativa: non importan os medios porque o talento é unha palanca que che leva a conseguir máis con menos. Que sigan tomando apuntes.

Carlos Alberto Alonso dijo...

Glup!!

Gracinhas anonimo. De cando en vez algo de animo compensa certas terribles carencias.