A nosa curta "As Muxicas" foi incluida nesta escolma pensada para converterse nun proxecto histórico dentro da divulgación das curtametraxes galegas. A Axencia Audiovisual Galega acude ó rescate desas producións invisíbeis co propósito de desfacer un desagravio e dar a coñecer parte moi estimábel do noso audiovisual. Pequenas pezas que supuxeron apostas arriscadas en distintos aspectos, poderán ser vistas ao longo e ancho da nosa xeografía, polo tanto este ciclo supón un achegamento á esa parte oculta do audiovisual galego. Así, deste modo, hai que contemplar este ciclo de Cinemas Dixitais coma un tesouro “Curtametraxes galegas: o pequeno é fermoso” constitúe unha mostra do apoio á produción e divulgación das curtametraxes galegas, un proceso creativo fundamental para espertar o talento e a creatividade dos novos realizadores que constitúen o presente e o futuro do audiovisual galego.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
ei como vai?
levo tempo sen entrar por aquí.
non paras!
ola sara...
pois bueno, todo o creativamente activo que o entorno me permite, pero ainda asi moitisimo menos do que eu desexara.
saudos e graciñas pola visita ;)
Publicar un comentario