lunes, 18 de junio de 2007

En xullo, ´Martes Curtos´ no MACUF

O MACUF , Museo de Arte Contemporanea Unión Fenosa (Avenida de Arteixo, 171, A Coruña) deu a coñecer parte da súa programación cultural para o verán. Entre ela destaca a actividade de promoción de curtametraxes que leva a denominación de “Martes Curtos” no que tres martes do mes de xullo vanse proxectar unha escolma moi ilustrativa deste tipo de producción galega. Esta actividade terá lugar os martes 3, 10 e 17 de xullo, e as curtas proxectaranse no MACUF a partires das 20:00.

Na grella de programación está incluída “As Muxicas” (Martes 17 de xullo), e poderanse ver tamén outros traballos de diversa índole e feitura, desde obras non subvencionadas a outras que recibiron axudas da Consellaría de Cultura e Deporte para a súa realización, desde curtas experimentais a curtas de xénero, desde curtas de curtametraxistas consagrados a directores noveis, etc... Unha excelente oportunidade para ver o estado da curtametraxe en Galicia e para descubrir obras e valores que de seguro darán moito que falar no audiovisual galego.

sábado, 9 de junio de 2007

"Ciudad Ciutat Cidade" (2007) no Teu Tubo

Estou convencido de que a poesía é moi importante, o que non teño claro é para que. “Ciudad Ciutat Cidade” pretende ser un poema audiovisual, polo menos esa foi a miña intención inicial. Sonche así de atrevido. Non sei si o conseguín, pero do que sí estou seguro é de que se trata dun experimento, dunha necesidade e o tempo dun axuste de contas que tiña pendente coa cidade que foi meu fogar durante oito anos... e ate non hai tanto.
Que Teutubo tivera a ben incluíla no seu catalogo online é una escusa coma outra calquera para podela compartir, con quen inverta o seu tempo de ocio paseando polo meu recuncho na rede.

A partires dun poema do finado Manuel Vázquez Montalban, con música do mestre Bernard Herrman e utilizando o fermoso material gravado pola camarógrafa arxentina Adriana Leira, ésta é a miña humilde “Sinfonía sobre a Cidade de Barcelona”, coma moi amablemente decidiu definila algún. Producida dende a Fundación Autor (Barcelona).

martes, 5 de junio de 2007

"O Salario do Silencio" en Santiago de Compostela

Mañá mércores, día 6 de xuño, no Club Internacional de Prensa de Santiago de Compostela (Avda. da Coruña, 6, na entrada do Campus), farase a presentación deste documental que trata sobre o polémico emprazamento da planta regasificadora que a empresa Reganosa construíu no interior da ría de Ferrol.

Presentarán o traballo Enrique Banet, director do documental, e Mabel Rivera, produtora executiva. Os dous forman Namche Films, S.L., empresa encargada da realización do proxecto. No "Salario do Silencio" recóllense as opinións de todas as partes interesadas que teñen que ver co desenvolvemento desta instalación (veciños, movemento opositor á planta, avogados, políticos de todas as tendencias, concelleiros, profesionais como mariscadores, técnicos en construcción naval, mariños mercantes, bombeiros, médicos e enfermeiros de emerxencias, cidadáns en xeral).


Fai algún tempo, o programa "Línea 900" de TVE elaborou unha interesante reportaxe tratando o problema da Instalación da Regasificadora na Ría de Ferrol. Por sorte, alguen decidiu penduralo na rede.


viernes, 25 de mayo de 2007

"As dez de... " CAAlonso en Sonotone

Sonotone, é unha revista dixital de edición semanal -e en galego- dedicada á música de aquí e de fóra, onde podedes atopar novas, entrevistas e reportaxes. Ademais de interesantísimas seccións dedicadas ao cine, o teatro e á literatura. Na súa derradeira actualización invitaron a CAAlonso a contestalo seu cuestionario “As dez de...”, na que o cineasta ferrolán comenta as súas 10 cancións preferidas de tódolos tempos. E aproveitando que as novas tecnoloxías o permiten, aquí podedes gozar dunha delas e do seu portentoso videoclip. "Hurt" dos Nine Inch Nails, versioneada polo finado "man in black" Johnny Cash...

martes, 22 de mayo de 2007

“O Salario do Silencio” no Vicerreitorado de Esteiro

O venres 25 de maio a partires das 20:00 horas, proxectarase no Salón de Actos do Vicerreitorado de Esteiro (Ferrol, A Coruña) o documental “O Salario do Silencio” sobre a planta de gas situada na ría de Ferrol que dende a súa posta en marcha ameaza permanentemente a vida da poboación próxima (40.000 persoas nun radio de tres kms). Realizado por Mabel Ribeira i Enrique Banet, produce Namche Films.

jueves, 17 de mayo de 2007

"Ja en tenim prou" no Ateneo Ferrolán

O xoves 24 de maio a partires das 19:30 horas, proxectarase no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Ferrol, A Coruña), a longametraxe "Ja en tenim pro" (Xa tivemos dabondo), que está sendo definida polos seus propios autores coma o "Hai Que Botalos valenciá". Ao igual que "HQB" ou anteriormente o "Hay motivo”, tamén no País Valencià levouse adiante ésta similar proposta. Por iniciativa de Ca Revolta , unha das organizacións socioculturais máis dinámicas do PV, dous centos de persoas da cultura e decenas de organizacións sociais puxéronse man á obra, realizándose 48 curtametraxes. Na súa páxina web http://www.jaentenimprou.org/ , poderedes atopar ampla información.

jueves, 10 de mayo de 2007

Premios Mestre Mateo 2006

"Onte entregáronse os premios Mestre Mateo 06, e “A Casa de 1906”, o exitoso espacio do que formei parte na anterior edición, recibiu os galardóns de Mellor Programa de Televisión e o de Mellor Deseño de Vestiario, o primeiro apoiado por un éxito de público poucas veces coñecido na historia da TVG, e o segundo máis que xustificado polo excepcional traballo de Ana López.

É máis que discutible este tipo de sistema de nominacións no que longametraxes compiten con series e filmes para TV, ou neste caso con experiencias absolutamente innovadoras de Docu-Realidad, pero en fin...
Resulta, eso sí, moi esperanzador ver coma por fin se apoia a novos valores con proxectos frescos e arriscados (ben polo valente e reivindicativo discurso de Mario Iglesias), nunha gala na que -en lineas xerais- quedas coa sensación de que se segue respaldando (aínda que algúns premiados bromearan o respecto) ós mesmos de sempre, personaxes de indubidable valía e traxectoria profesional e que na súa maioría xa gozan de suficiente promoción, porque... ¿estes premios son para promover o Audiovisual Galego? ¿non?... esa ampla familia, tan numerosa e necesitada... como todos sabemos.

Pero ésta, non deixa de ser unha simple e humilde opinión, crítica si se quere (constructiva sempre), e baseada -eso tamén e certo- en percepcións absolutamente subxectivas... Así que ninguén se me mosquee... ".

CAAlonso