(...) Non estou dicindo que o fagan á
mantenta, non creo que sexa unha cuestión ideolóxica, é unha
cuestión de ignorancia simplemente (...) Hai tres momentos clave. O
do vídeo galego dos noventa, que foi un momento brillante e que
funcionaba moi ben a nivel internacional. E todos eses profesionais
foron fagocitados pola Televisión
de Galicia ou pola publicidade. Hai unha segunda xeración, que é
a que sae da Escola
de Imaxe e Son, que tamén era xente moi brillante, que facía
cousas moi prometedoras, e que acabaron convertidos en artesáns da
industria, que non entendeu que tiña que ter apostado por eles. E o
terceiro momento é o actual, o novo cinema galego. O problema é que
a industria nunca creu no propio país e nunca apostou polos actores
e directores do país, nunca apostou polos proxectos de aquí (...) Fonte: http://praza.com/cultura/6770/non-hai-politica-audiovisual-e-non-creo-que-sexa-unha-cuestion-ideoloxica-e-ignorancia-simplemente/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario