Mostrando entradas con la etiqueta Premios Mestre Mateo 2010 Cine Audiovisual Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios Mestre Mateo 2010 Cine Audiovisual Galego. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de marzo de 2011

"Naturalidade Silvestre: Roger de Flor" nominado aos Premios Mestre Mateo 2010 na categoría de Longametraxe Documental

Necesitabamos algo, así... O recoñecemento ao traballo duns grandísimos artistas: Roger de Flor, O Neno Elliott, Magín Blanco, O Marqués das Viñas, Cabe, Sergei Izmailov e tódolos músicos "invisibles" que saídes no documental (e os que non tamén) ... Merecedes todo esto e moitos máis.

Gracias especiais a Ruben Coca e a Nicolás Vidal. Sen vos este traballo non sería posible. E por suposto a tódolos que colaboraron neste proxecto. E para celebralo presentámosvos por primeira vez Online, "Naturalidade Silvestre" na súa Versión REDUX... Un adianto de 16 minutos desta longametraxe documental na que a figura do cantautor Roger de Flor servenos de escusa para adentrarnos no mundo dos músicos vocacionais, dos creadores independentes...

*O mércores día 6 de abril se proxectarán nos Cines Duplex de Ferrol, "Gato Encerrado" (Peque Varela) e "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" (CAAlonso), os dous traballos de cineastas ferroláns nominados aos Premios Mestre Mateo 2010. Organizado por Axente Cultural e o Concello de Ferrol.



Nos medios:

Divertimento para Pequenos Monstros

Entrevista Radiofónica a CAAlonso (08/04/2011)