Mostrando entradas con la etiqueta Luis Garcia Berlanga Festival Cine Negro Manresa Cine Galego As Muxicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luis Garcia Berlanga Festival Cine Negro Manresa Cine Galego As Muxicas. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de noviembre de 2010

Berlanga e As Muxicas

No ano 2003, Luis Garcia Berlanga formou parte do xurado do Festival de Cine Negro de Manresa, foi él quen persoalmente pelexou contra outros membros de dito xurado -mais embelesados , ao parecer, pola forma que polo fondo dos traballos a concurso- para que a nosa curta As Muxicas levara o primeiro premio, consistente nun fermoso trofeo e unhas pesetiñas que... para que negalo, viñeronnos de maravilla para seguir adiante. Unha verdadeira miragre. Despois daquel premio, e tras levar casi catro meses movendo a curta entre festivais peninsulares... sen éxito, As Muxicas comezou unha traxectoria que a levou polos mais importantes festivais de todo o mundo, incluso alguns programadores retractaronse e tras rexeitala nun primeiro momento quixeron incluia de novo na súa seleccion oficial a concurso.

Por sempre graciñas Mestre.