miércoles, 5 de agosto de 2009

O documental musical "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre", estrea no 2010



"Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" pretende ser un documental en torno a figura do cantante e compositor fenés Roger de Flor, no que coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu derradeiro disco, intentaremos coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequeño aforo en Galicia, e profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta e independente. As opinións, pensamentos e sentimentos de camaradas músicos, xornalistas, escritores, poetas, melómanos e amigos do bardo limodrés, nos servirán para descubrir a un máis que digno sucesor do seu paisano Andrés do Barro. Roger de Flor é un artista que semella fora de época, coma o ianqui aquel da célebre novela da Mark Twain, pero que no lugar de atoparse desubicado na Corte do Rei Artur, inexplicablemente foi recalar a Ferrolterra, esa comarca en declive industrial crónico dende finais do século XX.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A cousa promete, moita sorte que talento xa vos sobra!
Un fan

Carlos Alberto Alonso dijo...

Graciñas. Andamos facendo todo o posible por non defraudar a ninguen. Levará seu tempo e esforzo rematar obra tan ambiciosa para os humildes medios dos que dispoñemos, pero penso que finalmente pagará a pena.

Saudos e celebro a súa visita.

Anónimo dijo...

Señor Alonso, non lle vexo colgada a escintilante entrevista feita na revista "Aí"...
Un señor que escribe

Carlos Alberto Alonso dijo...

Escintilante? Tiven que mirar no diccionario...

A entrevista leva xa algúsn días pendurada na miña web, no seu apartado correspondente... http://www.asmuxicas.com/prensa.htm

Graciñas polo interese.

Un señor dende o Inferniño.