Na declaración de intencións da 1ª Mostra de Vídeo Clips Cidade da Coruña "VIDEO KILLED THE RADIO STAR" (do 29 de xuño ao 4 de xullo do 2009) pódese ler: “O vídeo clip, aínda que nado coma neto do cine e irmá pequeno da televisión, antóxasenos na actualidade coma fundamental soporte da producción musical de artistas e empresas galegas. É -por tanto- preciso, que vaia recuperando ese lugar propio e mais que merecido que ostentaba nun pasado non tan afastado. Facer que eso sexa unha realidade é a nosa verdadeira é única motivación”.
Na súa páxina web pódese atopar abundante información sobre as proxeccións, datas, lugares, participantes, entre os calen se atopan os catro traballos feitos para Roger de Flor por CAAlonso: “Una desconocida más”, “Cuanto hay que aguantar” e “Os dous amigos”, e a peza “Planeta 19” que para Boy Elliott perpetrou o Colectivo Gorevision TV, entre un total de ate 74 pezas. Info aquí
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario