Dani Filloa doce anos despois ( aínda que polas miñas contas saen catorce ; ) demostra en Banda Curta da TVG que aquelo do paso dos anos e o bo viño é certo. Revisando o instante televisivo pensei, qué fermoso sería facer -tanto tempo despois- unha nova tanda de clips para o programa do porco bravo!, estou convencido de que tanto O Neno Elliott, Roger de Flor ou Quant (barrendo para casa, desculpen) estarían máis que dispostos. Queda dito. Por certo, graciñas aos responsábeis do programa musical da galega por esa reseña final á eterna promesa do cinema galego.
O Inspector Tomé en Basesanxoan (San Xoan de Filgueira, Ferrol).
PD.- Definitivamente o Xabarín Club foi todo un referente para varias xeracións de galegos, e por si alguén ten dúbidas que bote unha ollada por aquí.
2 comentarios:
Ánimo Alberto, na miña bola de cristal aparece que en breve a promesa do noso cinema será unha realidade. Como dicía Cela, nunha das poucas cousas nas que concordo con el, neste país o que resiste gaña.
Marina
Bendita sexa esa bola de cristal ;)
Resistiremos!!!
Publicar un comentario