Nos pensamos que sí... Por iso, vos convidamos a que lle botedes unha ollada ó que sen dúbida foi o vídeo clip galego do pasado verán, “Roger de Flor: Os dous amigos”, e si sodes membros da Academia Galega do Audiovisual apostedes porque unha produción independente forme parte dos Nominados ós premios Mestre Mateo deste ano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Xa que os membros do xurado do A Polo Ghit non teñan orellas, a ver se polo menos os do Mestre Mateo teñen ollos.
Anónimas pero verdadeiramente sabias palabras ;)
Sen ánimo de desanimar :) Os premios das Academias non significan que algo sexa mellor que outra cousa senón que é unha especie de sondeo de opinión entre o máis coñecido (nin sequera visto). Non hai máis que mirar ós Goya para ver que os catro filmes finalistas se correspondían con: Mediapro, Sogecine, Telecinco e Antena 3. Respondendo á túa pregunta sinceramente: Non. Desgraciadamente a xente que pode valorar ou que podería sentirse interesada (máis alá dos seus gustos) por proxectos colaterais á industria non son académicos, nunha grande maioría. Con esto digo dúas cousas: Primeiro, quen non estexa dacordo coas resolucións dos premios da Academia, o mellor para cambiala é facerse académico. Segundo, se o videoclip resultara nomeado ou premiado habería que sentirse máis que orgulloso, e en caso contrario non debería importar.
Un "Académico" ;)
Boas
Non me desanimas. Estasme contando cousas das que estou mais que ao tanto, levo nesto do audiovisual dende o ano 1991, coa miña curta As Muxicas estivemos en mais de cen festivais de todo o mundo (certos asuntos se arranxan da mesma forma ala onde vaias), incluso teño formado parte do xurado dalgún que outro. Creo que sei mais ou menos como funcionan este tipo de eventos. Tamén estiven nominado aos Mestre Mateo a mellor curta no ano 2003, por si quedara algunha dubida de si sei onde me estou metendo. Aínda así, graciñas polo baño de realidade, pero a verdade, nos tempos que corren non nos viría mal un pouco de ilusión… a todos.
Fixen este vídeo clip de Roger de Flor (e van?), polo gusto de sacar a luz a un interprete único e orixinal, de publicitala obra dun personaxe que coma lle pasou (e pasará) a moitos, naceu no momento e no lugar equivocado. E tal a fascinación e respeto que me provoca a súa figura, que incluso nestes intres estou deseñando un proxecto de documental en torno a súa persoa. Aínda por riba, aprecio ao ser humano, incluso teño con el estreitos vínculos persoais relacionados co meu pasado na comarca de Ferrolterra.
O vídeo naceu para respaldala súa participación no controvertido Apologhit do pasado verán, ao ser un tipo de obra que non caduca, ahi seguimos sacándolle partido. Non contamos con ser nominados, moito menos con ganar, o que si espero e que o meu traballo de promoción (refírome o propio vídeo clip), e a campaña que poda facer para respaldalo sirva para dar a coñecer o marabilloso traballo de Roger de Flor, o poderoso arte do Marques das Viñas, a delicada artesanía e poesía de Luís Maquieira, ao mecenas e creador cinematográfico Ruben Coca, a creativa directora de arte ferrolana María Martinez “Catu”, e a tanta xente que dunha ou outra maneira colaborou en que este traballo vira a luz. Tamén podería axudar a que a miña obra e os meus futuros proxectos tiveran maior repercusión os primeiros e aceptación os segundos ; ), e penso que a gala dos premios mestre mateo é unha plataforma tan boa coma outra para darse a coñecer, non crees?, si, sei que me entendes, de feito lémbrote facendo similar campaña para os mesmos premios coa a curta “Limite 12 horas”, sen contalo galardón polo teu fantástico documental “Historia dunha parroquia”. En fin, que neso estou, intentando que o vídeo clip teña a maior repercusión posible, e que o equipo que desinteresadamente o fixo se sinta todo o satisfeito que podan.
Seguimos pensando que SI é posible.
Unha aperta Sr Nine
Publicar un comentario