miércoles, 21 de mayo de 2008

Ferrol - Ortegal visto por Dani de la Torre

A pesar de ser un dos entornos naturais mais impresionantes de Galicia, os exteriores da comarca de Ferrolterra non son habituais en produccións audiovisuais galegas ou foráneas. Cineastas coma Roman Polansky con “La muerte y la doncella” ou Win Wenders con “La letra escarlata” foron quen de extraer ás paisaxes da terra de Trasancos parte da maxia e desa fotoxenia natural da que son poseedoras. Agora é o monfortino Dani de la Torre, nesta producción publicitaria encargada polo Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol - Ortegal, o responsable de retratar a nosa comarca como poucas veces un servidor tivo a oportunidade de disfrutar.

Para quen non o coñeza, ó artífice deste pequena xoia, Dani é sen dubida a gran promesa do audiovisual galego que está por vir. Responsable de tres obras puntais na historia da curtametraxe galega, as nunca suficientemente recoñecidas: “Minas”, “Lobos” e “Bos días”, é asinante ademais de virtuosos exercicios de realización no ámbito da publicidade (Santiago: unha cidade de cine, Galicia Ras). Algúns estamos esperando xa con certa impaciencia, ese proxecto seu de longa duración.

Coma ferrolán, e coma camarada, gracias Sr. de la Torre.


*Por certo, precisamente a que para min e a súa mais destacable obra “Minas” é un dos once traballos que CREA (Asociación de Directores de Galicia) proxectará na súa Primeira Mostra de Curtas, un evento en colaboración co CGAI e programado para os días, 6 de xuño, ás 23:00h e o venres 20 de xuño, tamén ás 23:00h. Con entrada de balde.

Isolina do Caurel”, “O matachín”, “As Muxicas”, “ASIII_Art” e “A luz que ilumina”, no primeiro día. Mentres, no segundo día serán: “Notamotof”, “El camino del agua”, “Minas”, “Leo”, “Corten e “Riazor Blues. Despois de cada pase haberá unha mesa redonda cos realizadores.

lunes, 5 de mayo de 2008

The End e As Muxicas no Ciclo Primavera de Cine

O mércores día 7 de maio ás 20:00, o ciclo PRIMAVERA DE CINE, que se ven celebrando nos Cines Dúplex (Travesía Moreno nº 3, Ferrol) dende fai un mes, entra na súa segunda fase, tocándolle o turno as obras de temática amorosa. Para inaugurar tan romántico ciclo, CAAlonso (e dicir, eu) presentará as súas curtametraxes rodadas en formato de 35 mm, “The End” e “As Muxicas”. A primeira delas pouco de sensibilidade amorosa destila, mais ben todo o contrario, e a segunda, pois sí, ben podería definirse coma unha historia de amor e morte, ¿por que non?.

En calquera caso, será unha oportunidade única para poder disfrutar destes dous traballos no seu formato orixinal. “The End” so foi proxectada en dúas ocasións (ainda que hai quen me perxura tela visto no ano 2000 nun cine da cidade antes dunha peli comercial) no seu formato orixinal, no CGAI no 1994 e no O.F.F. de Ourense no 1996. E “As Muxicas” sí, foi proxectada polo mundo adiante en infinidade de ocasións na súa versión celuloide, pero en Galicia só nunha ocasión, no Festival de Cine de Ourense do ano 2003. Queda un pouco estraño falar de copias en 35 mm nos tempos que corren, pero en fin. Que conste que estou facendo verdadeiros esforzos por reconverterme... A verdade e que a diferencia de vela en DVD a desfrutala no orixinal, é notable. Así que, xa sabedes, estades todos convidados.

A programación completa do mes de maio será -por tanto- coma sigue:

Día 7 - THE END + AS MUXICAS CAAlonso + LOLITA Stanley Kubrick
Día 14 - PERVERSA LOLA Sonia Méndez + IN THE MOOD FOR LOVE (Dut Yeung Nin Wa) Wong Kar Wai
Día 21 - YOU LOOK RIDICULOUS IN THAT MAKEUP Juan Junquera + FUCKING ÅMÅL (FUCKING AMAL) Lukas Moodysson
Día 28 - ETERNAL SUNSHINE OF THE SPOTLESS MIND (Olvídate de mí!) + HUMAN NATURE Doble Sesión Michel Gondry

Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol. Mil gracias of course, a Ruben Coca e Pablo Portero pola iniciativa, non me cansarei de dicilo.