miércoles, 21 de noviembre de 2007

1921 - 2007

Talento irrepetible, personalidade única...
Ademáis de soberbio intérprete, reputado dramaturgo e académico da lingua española, un dos autores-directores de cine máis grandes da historia do sétimo arte de aquí... e de acolá. Obras coma: El malvado Carabel (1956), La vida por delante (1958), La vida alrededor (1959), Solo para hombres (1960), La Venganza de Don Mendo (1961), El extraño viaje (1964), El mundo sigue (1965), Ninette y un señor de Murcia (1965), Mayores con reparos (1966), Juan Soldado (1973), Yo la vi primero (1974), El Pícaro (1974), Bruja, más que bruja (1976), Cinco Tenedores (1979), Mambrú se fue a la guerra (1986), El viaje en ninguna a parte (1986), El mar y el tiempo (1989) ou Siete mil días juntos (1994) atestiguano…

Da imaxe que os medios de comunicación deron deste venerable ancián nos últimos anos prefiro non falar, porque envenenome. Pero non deberíamos estrañarnos de que se trate así aos grandes, neste tempo de incultos, necios, envexosos e mediocres. Analizando a súa traxectoria (incluíndo as súas máis de 200 películas coma interprete) e por si alguén tivera algunha dubida de quen foi en realidade este home, caemos na conta de que ésta fala por si sola, e se non me creen, elixan ao azar calquera dos títulos que arriba lles indico e descubrirán, agás dunha lección -coma mínimo digna- de cine, a un creador que rebosa humanidade, conciencia social e histórica, corrosivo sentido do humor, e por suposto talento. Esto último, algo imperdoable, nos tempos, e no lugar que lle (nos) tocou vivir.

Agora si “maestro”, xa non fai falla que mande a nadie a ningún sitio, déixenos a todos aquí, e marche vostede a onde lle corresponde: ó Olimpo dos Xenios.



Por sempre grande, Fernando Fernán Gómez.


"La vida por delante" (1958)... 01


La vida por delante (1958)... 02

"La vida alrededor" (1959)

"La Venganza de Don Mendo" (1961)

"El extraño viaje" (1964) ... 01

"El extraño viaje" (1964)... 02

Carlos Larrañaga habla sobre "El extraño viaje" ...

"El Picaro" (1974)


"El viaje a ninguna parte" (1986)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Foise o noso Clint Eastwood español. Actor inmenso e director de ollada especial. Unha mágoa, a verdade.

Carlos Alberto Alonso dijo...

Nunca se me ocorrería comparalo co Sr Eastwood, pero creo que se por onde vas Manuel. En calquera caso, a min Fernán Gomez paréceme moitísimo mellor actor, e coma cineasta resúltame mais cercano, como mais da familia... ; )

MC dijo...

A verdade é que non seguín demasiado a traxectoria de Fernando Fernán Gómez como actor; pero emocioneime moito coa súa película "A lingua das bolboretas". Pero para min a súa obra mestra é "El extraño viaje" Pareceume incrible que se fixera aquí unha peli así na época de Franco -onde case todo era 'Olé olé' coas sevillanas no tablao- Todos botarémolo de menos. Sobre todo 'Váyase a la mierda'

Carlos Alberto Alonso dijo...

Ola de novo Mónica...

Certamente, calquera película con Fernán Gomez dentro convertese en algo mais, aínda que o producto sexa o propagandístico ou a típica comedia carpetovetonica de certa época (non tan lonxana) do cinema hispano. Aínda que o meu consello é que non te deixes enganar por ese pensamento común de que durante os corenta anos de dictadura non se fixeron boas películas, asegúrote que si tes un pouco de curiosidade e interese aparecen films mais que destacables de entre unha morea de subproductos. E mais, diría sen rubor, que aínda vivindo baixo un réxime dictatorial e vixiados por unha mais que férrea censura, o cine daquela época, supera comparativamente o que podemos ver hoxe en día. Nomes coma Edgar Neville, Ladislao Vadja, Manuel Mur Oti, Jose Antonio Nieves Conde, ou artesáns non tan recoñecidos por motivos extracinematograficos coma: Saenz de Heredia, Rafael Gil, Fernández Ardavin ou Jose María Forque, son responsables de obras interesantísimas, inxustamente esquecidas/reixetadas por cuestións que agora mesmo non teño ganas nin espacio para explicar. Vamos, que Berlanga, Buñuel e Bardem, nunca estiveron sos.

Volvendo a Fernán Gomez, certamente “El extraño viaje” é unha sorprendente película, e a súa intervención coma actor en “La lengua de las mariposas” De J.L. Cuerda emocióname todavia ó lembrala. Pero insisto de novo no tema do meu post-homenaxe ó autor, ó cineasta, ó director e guionista de filmes Fernando Fernán Gomez. Reivindico obras coma “El mar y el tiempo”; a inesperadamente feminista (ano 1960!) “Solo para hombres”; ou un insólito antecedente do “Big” con Tom Hanks, ou o “Jack” con Robin Williams, que é “Yo la vi primero”, comedia surrealista protagonizada polo cineasta Manuel Summers... Pero para que enganarnos, eu as recomendo todas. Coñecer a fondo a filmografía deste director, e complementala coa lectura das súas emocionantes memorias “El tiempo amarillo”, permítenos descubrir a un dos grandes persoeiros do sétimo arte peninsular.

Carallo, como me enrollo... ;)

Carlos Atanes dijo...

Alberto, me alegro de tu post porque me has ahorrado el trabajo de escribir uno. Con don Fernando no sabría ni por dónde empezar (me sobrepasa a mí como sobrepasa a cualquiera), y me lo has quitado todo de la boca. Tengo un reclinatorio en casa que uso para ver El Malvado Carabel y Juan Soldado. Y me alegro también de tu reivindicación del cine español de antaño: en él podemos encontrar muchas, muchas joyas. Y algunas de ellas no son sorprendes por su indudable calidad, sino por la valentía con la que fueron hechas. Obras de arte verdaderamente subversivas que le colaban goles por la escuadra al régimen con una habilidad y una desfachatez inimaginable ahora (¡menuda la de Juan Soldado!, sin ir más lejos). Desde luego es un cine que no merece la fama que tiene. Pero qué te voy a contar.

Carlos Alberto Alonso dijo...

Joer Carlos! Vengo de tu blog y… has conseguido subirme los colores ;) Y gracias por la promoción de Gorevision TV, espero que la cutrez de la propuesta no defraude a nadie. Hace 13 años de aquello!!! todo analogico/artesanal ;)

Sí, “Juan Soldado”, una pieza única, la descubrí hace dos años, venia incluida como extra en el pack de la Serie “El Pícaro”, y siguiendo en televisión, acabo de recordar también que D. Fernando había dirigido uno de los capítulos de la serie para TVE “La mujer de tu vida”, de titulo “Las mujeres de mi vida”, que no estaba nada mal, con Agustín González, Manuel Alexandre y el propio Fernán Gomes (y creo Manuel Galiana) encabezando el reparto, imaginate.

Sobre lo del buen cine español clásico, olvidado y ninguneado, pues si, es para ponerse y no parar. Ya retomaremos el tema en nuestra próxima botella de tinto, que espero caiga pronto.

Un abrazo…