
viernes, 25 de mayo de 2007
"As dez de... " CAAlonso en Sonotone

Etiquetas:
Sonotone Carlos Alberto Alonso Musica Galega
martes, 22 de mayo de 2007
“O Salario do Silencio” no Vicerreitorado de Esteiro

jueves, 17 de mayo de 2007
"Ja en tenim prou" no Ateneo Ferrolán

jueves, 10 de mayo de 2007
Premios Mestre Mateo 2006

É máis que discutible este tipo de sistema de nominacións no que longametraxes compiten con series e filmes para TV, ou neste caso con experiencias absolutamente innovadoras de Docu-Realidad, pero en fin... Resulta, eso sí, moi esperanzador ver coma por fin se apoia a novos valores con proxectos frescos e arriscados (ben polo valente e reivindicativo discurso de Mario Iglesias), nunha gala na que -en lineas xerais- quedas coa sensación de que se segue respaldando (aínda que algúns premiados bromearan o respecto) ós mesmos de sempre, personaxes de indubidable valía e traxectoria profesional e que na súa maioría xa gozan de suficiente promoción, porque... ¿estes premios son para promover o Audiovisual Galego? ¿non?... esa ampla familia, tan numerosa e necesitada... como todos sabemos.
Pero ésta, non deixa de ser unha simple e humilde opinión, crítica si se quere (constructiva sempre), e baseada -eso tamén e certo- en percepcións absolutamente subxectivas... Así que ninguén se me mosquee... ".
CAAlonso
TeuTubo presenta unha retrospectiva sobre CAAlonso

Teutubo estase convertendo nun lugar de referencia para moita xente que entra na rede para descubrir ese audiovisual galego independente (de guerrillas ou como queiramos chamalo) que nalgúns casos non ten facilidade para exhibirse nin sequera nos circuítos habituais desta forma fílmica. Pouco a pouco, e gracias a suxestións dos propios creadores, imos incorporando novas pezas.
Desta forma pódese gozar da curta naif “As Aventuras do Capitán Hixiénico” (1992) ; do documental “Perla” (1995) ; dos videoclips de Blood Filloas “Gorevisión” (1994 -1995) e “Superhéroe” (1996) ; das ficcións “The End” (1996) e “As Muxicas” (2002) , do documental “¿Nunca Máis?” (2005) , e das pezas audiovisuais “Karma” (2007) e "Ciudad Ciutat Cidade" (2007).
Inauguración "Praza do Perla" (Fene - A Coruña)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)