lunes, 11 de octubre de 2010
martes, 28 de septiembre de 2010
viernes, 17 de septiembre de 2010
Cinema e concerto no mesmo lote...
"(...) As posibilidades de distribuír unha produción audiovisual en Galicia é un tema común de preocupación para todos os realizadores do país. "Unha cousa é a escaseza de vías de exhibición, e outra a inexistencia, que é moito peor. Certamente o panorama é desolador, e co sistema de película máis concerto podemos ofrecer ós programadores algo máis atractivo", explica Carlos Alberto Alonso, director do documental musical Roger de Flor, Naturalidade Silvestre. Partindo da traxectoria do músico fenés Roger de Flor, Alonso aborda nesta longametraxe documental a problemática dos músicos que tratan de buscar un oco nos circuítos dos concertos en directo en pequenos locais. Con cada exhibición programada, viaxa unha banda encabezada polo propio Roger de Flor, que ofrece un concerto como complemento ó documental. Nesta banda actúan algúns dos músicos que aparecen na película, cunha longa traxectoria na escena musical galega, como Magín Blanco ou o Neno Elliot. "O máis paradóxico é que loitar por buscar un oco de proxección é xusto o que nós contamos no documental coa loita dos músicos por buscar sitios para tocar, co cal estamos vivindo desde dentro a temática do docu", explica este realizador ferrolán formado en Cataluña.Durante un tempo, Alonso estivo buscando profesionais da distribución e incluso promotores de concertos para que moveran a película e o concerto, pero canso de non atopar resposta decidiu tomar a iniciativa co propio Roger de Flor. "A xente está mal acostumada, e colle como escusa a crise. Algúns non queren nin pagarlle ós músicos, pero, malia todo, estamos colleitando resultados moi satisfactorios", explica Alonso. Entre salas de concertos, festivais de cine, festivais de música e centros culturais, o boca-orella está funcionando e arredor de 2.000 espectadores viron xa Naturalidade Silvestre e a actuación musical complementaria. "Se non fora por este sistema, igual o docu estaba nun caixón, como a maioría do que se produce en Galicia. Aquí tiramos cineastas de músicos e viceversa. Saímos xuntos de xira e iso é enriquecedor", confesa Carlos Alberto Alonso. Xa fixeron dez actuacións e de aquí a fin de ano teñen previstas outras tantas, a máis próxima o vindeiro 7 de outubro no Festival de Cine de Ourense, un encontro que nesta edición dará cabida a varios destes proxectos (...)" (por Alfonso Pato, El Pais, 17/09/2010 , Foto - Xosé Ardá)
martes, 7 de septiembre de 2010
Proxección de "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" nas Festas da Parrocheira 2010 (Ferrol Vello - A Coruña)
O mercores 8 de setembro as 21:00 horas dentro da programación das Festas da Parrocheira 2010, se proxectara o documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”. Aínda que Roger de Flor é o protagonista principal deste traballo, a súa figura non deixa de ser unha escusa para falar de tantos e tantos músicos de salas de pequeno aforo, da situación musical galega (ou de mais alá do telón de grelos), e en definitiva, da problemática dos creadores, artesáns e artistas... da legua...Organiza: A. VV. FERROL VELLO - Xunta Directiva - C/ Curro, 1. 15401 - FERROL - Tlf./fax: 981.356842 - Móvil: 638176108 - avvferrolvello@yahoo.es
martes, 20 de julio de 2010
A xira "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" na Semán Cultural do Felipop 2010
O martes 3 de agosto as 22:00 horas dentro da programación da Semán Cultural do Felipop 2010 (A Hortiña, Limodre – Fene, A Coruña), se proxectará o documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, e haberá un posterior concerto eléctrico as 23:30 a cargo de Roger de Flor e Os Silvestres (O Marques das Viñas, Magin Blanco, O Neno Elliott, Cabe Garcia e Sergei Izmailov). No marco desta mesma Semán Cultural, o día anterior, luns 2 Agosto, se proxectará a longametraxe de ficción “A Ola” e ao día seguinte, o mércores 4 de agosto actuará o Mago Martín Varela as 21:30, e as 22:45 o grupo "Carrachanacacha Teatro".
domingo, 16 de mayo de 2010
Comeza a xira de proxeccións + concertos: "Naturalidade Silvestre: Roger de Flor"
A seguint
e cita será o sábado 29 de maio na Casa das Atochas na cidade da Coruña, alí se presentará á banda oficial da xira “Os Silvestres” nun concerto eléctrico, despois eso sí, de proxectar o documental en exclusiva para os asistentes ao acto.Metidos xa no mes de xuño, o mércores día 9 ás 20:30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela se realizará a preestrea da longametraxe documental, tendo lugar esa mesma noite sobre as 23:00 un concerto de Roger de Flor & Os Silvestres + Friends na Sala Ultramarinos.
O día 11 de xuño no Centro Torrente Ballester de Ferrol se realizará a estrea mundial de “Naturalidade Silvestre: Roger de Flor”, proxectándose unha versión especial do filme editada especialmente para tal evento. Pecharán a noite o espectáculo Roger de Flor & Os Silvestres acompañados no escenario por diversos amigos e amigas do panorama musical da comarca de Ferrolterra.
O día 2 de xullo haberá unha proxeccion do trailer oficial da longametraxe as 18:00 no Café Teatro - Pazo da Cultura de Naron (Rúa Holanda s/n, Urbanización ”Ciudad Europa” Narón, A Coruña) , e un posterior concerto eléctrico as 23:00 a cargo de Roger de Flor e Os Silvestres (O Marques das Viñas, Magin Blanco, O Neno Elliott, Cabe Garcia e Sergei Izmailov) no mesmo espacio. Ambos eventos incluidos na gala final do proxecto de dinamización turística e audiovisual “Chámalle como queiras”.
(*Si queres levar o Show de "Naturalidade Silvestre: O Filme" a túa vila, atoparás aquí completa información e a forma de contactar con nos).
WEB OFICIAL DA XIRA
NovaS relacionadas:
http://www.boyelliott.com/Naturalidade_Silvestre/Prensa.html

