lunes, 8 de marzo de 2010

Pressing Catch, a Violencia Cotiá (Teatro)

Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, anúbranos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.

A compañía compostelá Berrobambán decidiuse a facer teatro do espectáculo do “Pressing Catch”, tomando algunhas das súas convencións, e misturando diversas formas artísticas dentro e fora do escenario, ademais da teatral, a musical, audiovisual, dixital e literaria.. Aínda que nas últimas montaxes lle prestaban unha especial atención ao público familiar, Berrobambán aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais de rabiosa actualidade.

Pressing Catch” estrease o día 11 de marzo as 21:30 na Sala Nasa (Rúa San Lorenzo, 51-53 B, Santiago de Compostela). Quen non poida asistir aínda ten o venres 12, sábado 13, xoves 18, venres 19 e sábado 20, ás 21.30, e o domingo 14 ás 20.00. Consultar máis datas.



"O texto colle un tema de cultura ínfima, menor, marxinal; e transfórmao nunha metáfora da sociedade subliñando as violencias que non só físicas (...), violencias máis civís, máis íntimas" (Quico Cadaval, Director da Montaxe).



"Pressing Catch vai alén da montaxe, e artéllase tamén a través da música, o audiovisual ou o multimedia. Amais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes -realizadas especialmente para a obra- por Carlos Alberto Alonso, que mostran a vida do e das protagonistas cando están fóra do ring". (Dossier de prensa).



A nova na rede:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xornal 07/03/2010
A Nosa Terra 08/03/2010
Vieiros 08/03/2010
ElPais 09/03/2010
Xornal 09/03/2010

GaliciaHoxe 09/03/2010

LaVozdeGalicia 11/03/2010

CulturaGalega 11/03/2010
LaVozdeGalicia 14/03/2010

CulturaGalega 16/05/2010

No hay comentarios: