
domingo, 21 de marzo de 2010
lunes, 8 de marzo de 2010
Pressing Catch, a Violencia Cotiá (Teatro)

A compañía compostelá Berrobambán decidiuse a facer teatro do espectáculo do “Pressing Catch”, tomando algunhas das súas convencións, e misturando diversas formas artísticas dentro e fora do escenario, ademais da teatral, a musical, audiovisual, dixital e literaria.. Aínda que nas últimas montaxes lle prestaban unha especial atención ao público familiar, Berrobambán aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais de rabiosa actualidade.
“Pressing Catch” estrease o día 11 de marzo as 21:30 na Sala Nasa (Rúa San Lorenzo, 51-53 B, Santiago de Compostela). Quen non poida asistir aínda ten o venres 12, sábado 13, xoves 18, venres 19 e sábado 20, ás 21.30, e o domingo 14 ás 20.00. Consultar máis datas.
"O texto colle un tema de cultura ínfima, menor, marxinal; e transfórmao nunha metáfora da sociedade subliñando as violencias que non só físicas (...), violencias máis civís, máis íntimas" (Quico Cadaval, Director da Montaxe).
"Pressing Catch vai alén da montaxe, e artéllase tamén a través da música, o audiovisual ou o multimedia. Amais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes -realizadas especialmente para a obra- por Carlos Alberto Alonso, que mostran a vida do e das protagonistas cando están fóra do ring". (Dossier de prensa).
A nova na rede:
Xornal 07/03/2010
A Nosa Terra 08/03/2010
Vieiros 08/03/2010
ElPais 09/03/2010
Xornal 09/03/2010
GaliciaHoxe 09/03/2010
LaVozdeGalicia 11/03/2010
CulturaGalega 11/03/2010
LaVozdeGalicia 14/03/2010
CulturaGalega 16/05/2010
lunes, 1 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)