"Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" é unha longametraxe documental en torno a figura do cantante e compositor fenés Roger de Flor, no que coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu derradeiro disco, intentaremos coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequeño aforo en Galicia, e profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta e independente.
As opinións, pensamentos e sentimentos de camaradas músicos, xornalistas, escritores, poetas, melómanos e amigos do bardo limodrés, nos servirán para descubrir a un máis que digno sucesor do seu paisano Andrés do Barro. Roger de Flor é un artista que semella fora de época, coma o ianqui aquel da célebre novela da Mark Twain, pero que no lugar de atoparse desubicado na Corte do Rei Artur, inexplicablemente foi recalar a Ferrolterra, esa comarca en declive industrial crónico dende finais do século XX.
UN DOCUMENTAL MUSICAL DE
CARLOS ALBERTO ALONSO
Canción: "Alguien como tú" (Roger de Flor/ Sergio Cabalo)
2 comentarios:
Mandeille o link a un par de amigos. Isto me contestaron:
Moi ben. A cousa ten boa pinta. Xa me informarás cando se estrea e onde se poderá conseguir.
Paco Rañal
que boa pinta ten o documental; estou desexando velo/escoitalo, xa me avisarás se hai unha estrea por aí, que se podo vou. BO NADAL!
Manuel Darriba
Graciñas Anónimo ;)
Espero que o resultado final esté a altura das expectativas. Se todo vai ben estrearemos en abril do 2010, e se a cousa sae coma estamos argallando a estrea deparará algunha que outra sorpresa.
Mande saudos a M. Darriba, e a ver cando podo saudar de novo a Mr Rañal, que xa fai tempo que non o vexo.
Bo Nadal
Alberto
Publicar un comentario