lunes, 31 de marzo de 2008

Primavera de Cine nos Dúplex de Ferrol

Esta semana comeza nos Cines Dúplex (Travesía Moreno nº 3 Ferrol) o ciclo PRIMAVERA DE CINE, unha proposta que traerá tódolos mércores (a partires das 20:00 h.) dos meses de abril, maio e xuño, e de forma gratuíta, unha escolma de películas en versión orixinal subtitulada, que se agruparán en tres bloques temáticos: musica, amor e animación. Para redondear tan singular proposta, proxectarase tamén unha curtametraxe galega no seu formato orixinal (35 mm, HD...) según sexa o caso, e rizando o rizo, un cineasta ferrolán presentará a súa mais representativa obra na primeira semana de cada ciclo: Ruben Coca o musical, CAAlonso o de temática amorosa (7 de maio) e Peque Varela, o dedicado a animación (4 de xuño).

Esta primeira tanda arranca o vindeiro 2 de abril da man de Ruben Coca, que nos ofrecerá a súa curtametraxe Ecos (nominada aos Mestre Mateo deste ano), recuperará a versión en 35 mm do seu aclamado Notamotof, estreará Como se fixo Mínimo Común Múltiplo, un adianto -en forma de documaking- da súa proximísima ficción en formato curto, e todo isto servira de preámbulo para logo poder disfrutar dun dos mais sorprendentes e arrebatadores documentais sobre a paixón pola musica, xamais filmado: The Devil and Daniel Johnston de Jeff Feuerzeig.

A programación completa do mes de abril será -por tanto- coma sigue:

Día 2 - Ecos + Notamotof + Como se fixo Mínimo Común Múltiplo + THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON de Jeff Feuerzeig
Día 9 - Auga + SYMPATHY FOR THE DEVIL de Jean-Luc Godard
Día 16 - Katiuska + BIRD Clint Eastwood
Día 23 – Formularios truculentos + HIGH FIDELITY de Stephen Frears
Día 30 - 24 HOUR PARTY PEOPLE + NINE SONGS - Dobre Sesión de Michael Winterbottom.

Os programas correspondentes os meses de maio e xuño, ainda estanse ultimando. Estaremos a informar. Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol.

*Señor Coca, aplausos e vítores pola tan necesaria iniciativa. Non convén olvidar ademais, que o Cine Dúplex é a única sala cinematográfica comercial en activo de Ferrol. Moitos pensaran nos Multicines Cinebox, pero aínda que non o pareza pertencen o Concello de Narón. Así están as cousas, si.

martes, 25 de marzo de 2008