Nestas datas tan sinaladas nos calendarios das grandes superficies comerciais, sobre todo. Roger de Flor chega ós nosos fogares. O bardo limodrés presentará en dous concertos o seu primeiro disco oficial que leva por título “Naturalidad Silvestre”. As actuacións celebraranse o 26 de decembro ás 22 horas no Ateneo Ferrolán e o 3 de xaneiro en Casa Ardá (Limodre - Fene) ás 22:30. Así mesmo, o día 26 estrearase nesta mesma web o ultimo vídeo clip do tándem Alonso - de Flor (co apoio de Ruben Coca Producións), “Días monótonos”. Gravado en tempo record nos estudios “La Buhardilla ” -que o cantante Fenés utiliza como búnker creativo en Limodre (Fene, A Coruña)- o vídeo intenta retratar de maneira sinxela o devenir nun día da vida dun artista bohemio, no contexto dunha comarca en declive industrial crónico na Galicia dos comezos do século XXI.
Mostrando entradas con la etiqueta Roger de Flor Carlos Alberto Alonso Video Clip Dias Monotonos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roger de Flor Carlos Alberto Alonso Video Clip Dias Monotonos. Mostrar todas las entradas
domingo, 21 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)