martes, 7 de septiembre de 2010

Proxección de "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" nas Festas da Parrocheira 2010 (Ferrol Vello - A Coruña)

O mercores 8 de setembro as 21:00 horas dentro da programación das Festas da Parrocheira 2010, se proxectara o documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”. Aínda que Roger de Flor é o protagonista principal deste traballo, a súa figura non deixa de ser unha escusa para falar de tantos e tantos músicos de salas de pequeno aforo, da situación musical galega (ou de mais alá do telón de grelos), e en definitiva, da problemática dos creadores, artesáns e artistas... da legua...

Organiza: A. VV. FERROL VELLO - Xunta Directiva - C/ Curro, 1. 15401 - FERROL - Tlf./fax: 981.356842 - Móvil: 638176108 - avvferrolvello@yahoo.es

martes, 20 de julio de 2010

A xira "Roger de Flor: Naturalidade Silvestre" na Semán Cultural do Felipop 2010


O martes 3 de agosto as 22:00 horas dentro da programación da Semán Cultural do Felipop 2010 (A Hortiña, Limodre – Fene, A Coruña), se proxectará o documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, e haberá un posterior concerto eléctrico as 23:30 a cargo de Roger de Flor e Os Silvestres (O Marques das Viñas, Magin Blanco, O Neno Elliott, Cabe Garcia e Sergei Izmailov). No marco desta mesma Semán Cultural, o día anterior, luns 2 Agosto, se proxectará a longametraxe de ficción “A Ola” e ao día seguinte, o mércores 4 de agosto actuará o Mago Martín Varela as 21:30, e as 22:45 o grupo "Carrachanacacha Teatro".


domingo, 16 de mayo de 2010

Comeza a xira de proxeccións + concertos: "Naturalidade Silvestre: Roger de Flor"

O día 22 de maio arranca a xira no marco do Festival de Cans 2010, coa proxección dun adianto do filme as 17:30 na Sala Multiusos, e un posterior concerto acústico de Roger de Flor & Friends no denominado “Jaliñeiro Unplugged”.



A seguinte cita será o sábado 29 de maio na Casa das Atochas na cidade da Coruña, alí se presentará á banda oficial da xira “Os Silvestres” nun concerto eléctrico, despois eso sí, de proxectar o documental en exclusiva para os asistentes ao acto.

Metidos xa no mes de xuño, o mércores día 9 ás 20:30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela se realizará a preestrea da longametraxe documental, tendo lugar esa mesma noite sobre as 23:00 un concerto de Roger de Flor & Os Silvestres + Friends na Sala Ultramarinos.

O día 11 de xuño no Centro Torrente Ballester de Ferrol se realizará a estrea mundial de “Naturalidade Silvestre: Roger de Flor”, proxectándose unha versión especial do filme editada especialmente para tal evento. Pecharán a noite o espectáculo Roger de Flor & Os Silvestres acompañados no escenario por diversos amigos e amigas do panorama musical da comarca de Ferrolterra.

O día 2 de xullo haberá unha proxeccion do trailer oficial da longametraxe as 18:00 no Café Teatro - Pazo da Cultura de Naron (Rúa Holanda s/n, Urbanización ”Ciudad Europa” Narón, A Coruña) , e un posterior concerto eléctrico as 23:00 a cargo de Roger de Flor e Os Silvestres (O Marques das Viñas, Magin Blanco, O Neno Elliott, Cabe Garcia e Sergei Izmailov) no mesmo espacio. Ambos eventos incluidos na gala final do proxecto de dinamización turística e audiovisual “Chámalle como queiras”.

(*Si queres levar o Show de "Naturalidade Silvestre: O Filme" a túa vila, atoparás aquí completa información e a forma de contactar con nos).

WEB OFICIAL DA XIRA



NovaS relacionadas:
http://www.boyelliott.com/Naturalidade_Silvestre/Prensa.html

lunes, 8 de marzo de 2010

Pressing Catch, a Violencia Cotiá (Teatro)

Vivimos na era do medo. Temos medo practicamente de todo; e o medo, ademais de limitar a nosa liberdade, anúbranos o entendemento e fainos manipulables, bonecos nas mans das novas tecnoloxías, dos medios de comunicación, do poder. Non deixa de ser curioso que uns dos programas máis vistos nos últimos dez anos en diferentes televisións do planeta sexan os adicados á loita.

A compañía compostelá Berrobambán decidiuse a facer teatro do espectáculo do “Pressing Catch”, tomando algunhas das súas convencións, e misturando diversas formas artísticas dentro e fora do escenario, ademais da teatral, a musical, audiovisual, dixital e literaria.. Aínda que nas últimas montaxes lle prestaban unha especial atención ao público familiar, Berrobambán aposta agora por un espectáculo para xente moza e adulta no que se reflexiona sobre determinadas circunstancias sociais de rabiosa actualidade.

Pressing Catch” estrease o día 11 de marzo as 21:30 na Sala Nasa (Rúa San Lorenzo, 51-53 B, Santiago de Compostela). Quen non poida asistir aínda ten o venres 12, sábado 13, xoves 18, venres 19 e sábado 20, ás 21.30, e o domingo 14 ás 20.00. Consultar máis datas.



"O texto colle un tema de cultura ínfima, menor, marxinal; e transfórmao nunha metáfora da sociedade subliñando as violencias que non só físicas (...), violencias máis civís, máis íntimas" (Quico Cadaval, Director da Montaxe).



"Pressing Catch vai alén da montaxe, e artéllase tamén a través da música, o audiovisual ou o multimedia. Amais de actuacións musicais en directo, achega pequenas curtametraxes -realizadas especialmente para a obra- por Carlos Alberto Alonso, que mostran a vida do e das protagonistas cando están fóra do ring". (Dossier de prensa).



A nova na rede:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xornal 07/03/2010
A Nosa Terra 08/03/2010
Vieiros 08/03/2010
ElPais 09/03/2010
Xornal 09/03/2010

GaliciaHoxe 09/03/2010

LaVozdeGalicia 11/03/2010

CulturaGalega 11/03/2010
LaVozdeGalicia 14/03/2010

CulturaGalega 16/05/2010