sábado, 14 de junio de 2008

Boy Elliott, Roger de Flor, Los Cosmonautas Rusos e Quant no Apologhit 08

Xa temos apuntadas catro formacións da bisbarra ferrolán (e o corazón dividido) para a edición deste ano do Apologhit, concurso na procura da canción do verán que argallan a Radio Galega e o portal Vieiros. O Apologhit afronta a súa 3ª edición, e pretende promocionar a música galega, co gallo de atopar esa melodía estival, esa banda sonora galega para este verán do 2008.

Poderedes votar a “Planeta 19 de Boy Elliott (VOTA), “Os dous amigos” de Roger de Flor (VOTA), "O río grande do sul" de Los Cosmonautas Rusos (VOTA) ou “Sinestesia” de Quant (VOTA), entre outras... durante todo o tempo que dure o concurso. Á fin de garantir a fiabilidade do voto electrónico, os usuarios deberán rexistrarse e só poderán emitir un voto cada día. Os oíntes da Radio Galega poderán votar a través de chamadas telefónicas aos programas da emisora, e sms.

O sábado 2 de agosto coñeceranse os dez finalistas, cinco escollidos polos votos dos internautas e outros cinco designados polo xurado. Abrirase entón un novo prazo para as votacións e así escoller o gañador. A votación popular pecharase o mércores 13 de agosto ás 00:00. O sábado 16 de agosto daranse a coñecer as cancións gañadoras, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.


miércoles, 21 de mayo de 2008

Ferrol - Ortegal visto por Dani de la Torre

A pesar de ser un dos entornos naturais mais impresionantes de Galicia, os exteriores da comarca de Ferrolterra non son habituais en produccións audiovisuais galegas ou foráneas. Cineastas coma Roman Polansky con “La muerte y la doncella” ou Win Wenders con “La letra escarlata” foron quen de extraer ás paisaxes da terra de Trasancos parte da maxia e desa fotoxenia natural da que son poseedoras. Agora é o monfortino Dani de la Torre, nesta producción publicitaria encargada polo Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol - Ortegal, o responsable de retratar a nosa comarca como poucas veces un servidor tivo a oportunidade de disfrutar.

Para quen non o coñeza, ó artífice deste pequena xoia, Dani é sen dubida a gran promesa do audiovisual galego que está por vir. Responsable de tres obras puntais na historia da curtametraxe galega, as nunca suficientemente recoñecidas: “Minas”, “Lobos” e “Bos días”, é asinante ademais de virtuosos exercicios de realización no ámbito da publicidade (Santiago: unha cidade de cine, Galicia Ras). Algúns estamos esperando xa con certa impaciencia, ese proxecto seu de longa duración.

Coma ferrolán, e coma camarada, gracias Sr. de la Torre.


*Por certo, precisamente a que para min e a súa mais destacable obra “Minas” é un dos once traballos que CREA (Asociación de Directores de Galicia) proxectará na súa Primeira Mostra de Curtas, un evento en colaboración co CGAI e programado para os días, 6 de xuño, ás 23:00h e o venres 20 de xuño, tamén ás 23:00h. Con entrada de balde.

Isolina do Caurel”, “O matachín”, “As Muxicas”, “ASIII_Art” e “A luz que ilumina”, no primeiro día. Mentres, no segundo día serán: “Notamotof”, “El camino del agua”, “Minas”, “Leo”, “Corten e “Riazor Blues. Despois de cada pase haberá unha mesa redonda cos realizadores.

lunes, 5 de mayo de 2008

The End e As Muxicas no Ciclo Primavera de Cine

O mércores día 7 de maio ás 20:00, o ciclo PRIMAVERA DE CINE, que se ven celebrando nos Cines Dúplex (Travesía Moreno nº 3, Ferrol) dende fai un mes, entra na súa segunda fase, tocándolle o turno as obras de temática amorosa. Para inaugurar tan romántico ciclo, CAAlonso (e dicir, eu) presentará as súas curtametraxes rodadas en formato de 35 mm, “The End” e “As Muxicas”. A primeira delas pouco de sensibilidade amorosa destila, mais ben todo o contrario, e a segunda, pois sí, ben podería definirse coma unha historia de amor e morte, ¿por que non?.

En calquera caso, será unha oportunidade única para poder disfrutar destes dous traballos no seu formato orixinal. “The End” so foi proxectada en dúas ocasións (ainda que hai quen me perxura tela visto no ano 2000 nun cine da cidade antes dunha peli comercial) no seu formato orixinal, no CGAI no 1994 e no O.F.F. de Ourense no 1996. E “As Muxicas” sí, foi proxectada polo mundo adiante en infinidade de ocasións na súa versión celuloide, pero en Galicia só nunha ocasión, no Festival de Cine de Ourense do ano 2003. Queda un pouco estraño falar de copias en 35 mm nos tempos que corren, pero en fin. Que conste que estou facendo verdadeiros esforzos por reconverterme... A verdade e que a diferencia de vela en DVD a desfrutala no orixinal, é notable. Así que, xa sabedes, estades todos convidados.

A programación completa do mes de maio será -por tanto- coma sigue:

Día 7 - THE END + AS MUXICAS CAAlonso + LOLITA Stanley Kubrick
Día 14 - PERVERSA LOLA Sonia Méndez + IN THE MOOD FOR LOVE (Dut Yeung Nin Wa) Wong Kar Wai
Día 21 - YOU LOOK RIDICULOUS IN THAT MAKEUP Juan Junquera + FUCKING ÅMÅL (FUCKING AMAL) Lukas Moodysson
Día 28 - ETERNAL SUNSHINE OF THE SPOTLESS MIND (Olvídate de mí!) + HUMAN NATURE Doble Sesión Michel Gondry

Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol. Mil gracias of course, a Ruben Coca e Pablo Portero pola iniciativa, non me cansarei de dicilo.


lunes, 31 de marzo de 2008

Primavera de Cine nos Dúplex de Ferrol

Esta semana comeza nos Cines Dúplex (Travesía Moreno nº 3 Ferrol) o ciclo PRIMAVERA DE CINE, unha proposta que traerá tódolos mércores (a partires das 20:00 h.) dos meses de abril, maio e xuño, e de forma gratuíta, unha escolma de películas en versión orixinal subtitulada, que se agruparán en tres bloques temáticos: musica, amor e animación. Para redondear tan singular proposta, proxectarase tamén unha curtametraxe galega no seu formato orixinal (35 mm, HD...) según sexa o caso, e rizando o rizo, un cineasta ferrolán presentará a súa mais representativa obra na primeira semana de cada ciclo: Ruben Coca o musical, CAAlonso o de temática amorosa (7 de maio) e Peque Varela, o dedicado a animación (4 de xuño).

Esta primeira tanda arranca o vindeiro 2 de abril da man de Ruben Coca, que nos ofrecerá a súa curtametraxe Ecos (nominada aos Mestre Mateo deste ano), recuperará a versión en 35 mm do seu aclamado Notamotof, estreará Como se fixo Mínimo Común Múltiplo, un adianto -en forma de documaking- da súa proximísima ficción en formato curto, e todo isto servira de preámbulo para logo poder disfrutar dun dos mais sorprendentes e arrebatadores documentais sobre a paixón pola musica, xamais filmado: The Devil and Daniel Johnston de Jeff Feuerzeig.

A programación completa do mes de abril será -por tanto- coma sigue:

Día 2 - Ecos + Notamotof + Como se fixo Mínimo Común Múltiplo + THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON de Jeff Feuerzeig
Día 9 - Auga + SYMPATHY FOR THE DEVIL de Jean-Luc Godard
Día 16 - Katiuska + BIRD Clint Eastwood
Día 23 – Formularios truculentos + HIGH FIDELITY de Stephen Frears
Día 30 - 24 HOUR PARTY PEOPLE + NINE SONGS - Dobre Sesión de Michael Winterbottom.

Os programas correspondentes os meses de maio e xuño, ainda estanse ultimando. Estaremos a informar. Organizado por Axente Cultural, e coa colaboura dos Cine Dúplex, Axencia Audiovisual Galega, Universidade A Coruña e Concello de Ferrol.

*Señor Coca, aplausos e vítores pola tan necesaria iniciativa. Non convén olvidar ademais, que o Cine Dúplex é a única sala cinematográfica comercial en activo de Ferrol. Moitos pensaran nos Multicines Cinebox, pero aínda que non o pareza pertencen o Concello de Narón. Así están as cousas, si.

martes, 25 de marzo de 2008

Rafael Azcona (1926 - 2008)

"La realidad, si no se exagera un poco... se queda en nada"



Filmografía en IMDB

miércoles, 9 de enero de 2008

CAAlonso pon imaxes á música de Roger de Flor

O músico e cantante Roger de Flor estrea na rede o vídeo clip da súa adaptación do clásico ”Simple Twist of Fate" de Bob Dylan, rebautizada coma “Una desconocida más”. Realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso, e contando có apoio de Ruben Coca Producións, a peza foi gravada en Ferrol e comarca durante o pasado mes de decembro, e pretende ser a primeira dunha fructífera colaboración entre estes tres inquedos artistas ferrolterráns.

Una desconocida más” foi extraído do derradeiro disco -aínda non editado- de Roger de Flor, “Canciones de amor y retranca”, cuestión que non impide que o bardo “limodrés” se atope xa neste intre ultimando os preparativos para a gravación do que será o seu seguinte CD.

Os medios fanse eco:
AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA

LAVOZDEGALICIA
RADIOFUSION

SONOTONE


miércoles, 19 de diciembre de 2007

Gorevision TV: dende o pasado chegou o futuro

Corría o ano 1993, foi naquel momento cando decidín levar a cabo en compañía dun grupo de camaradas afíns a miña primeira experiencia televisiva. Era unha idea que levaba rondandome pola cabeza facía tempo. O proxecto consistía en lanzar dende a (xa desaparecida) Televisión Local de Narón ese espacio musical que sempre quixemos ver na pantalla, e que naqueles intres non existía... e agora tampouco, para ser honestos.
.....................................................................................................Chamámoslle “Gorevision”, un xogo de palabras entre o termo “Televisión” e o vocablo anglosaxón “Gore”, que como moitos saberedes refírese a un tipo de cine no que a sangue e as vísceras abundan especialmente, e dicir, “Televisión feita coa sangue e as vísceras” ou en definitiva, feita co corazón. Tal cual.
......................................................................................................O experimento tentaba ser unha mestura entre “La Bola De Cristal” e "El astronauta" mítica longametraxe do interesantísimo cineasta Javier Aguirre. Foron case corenta programas, dos que polo de agora so conseguimos recuperar 33. Por Gorevision pasaron nada menos que xente coma Siniestro Total, Australian Blonde, Los Flechazos, Deltonos, Los Sencillos, Ben Vaugh, The Chevelles, Juan De Pablos, Santiago Segura, Cool Jerks, Toñito Blanco ... e un largo etcétera que converteron aquela época, para aqueles rapaces que rondabamos os vintepoucos anos, en algo espectacular, emocionante e inaudito.

O proxecto morreu de inanición, pouco a pouco. Cada vez custaba mais sacar tempo, financiar o material, pagar as facturas da electricidade, a gasolina, etc... Agora e gracias as novas tecnoloxías podémolo compartir con vos. Esperamos que o disfrutedes coma nos o fixemos dándolle vida. A remisión de "Gorevision TV" comezara o 27 de decembro as 21:30. Coa colaboura de Quadra Produccions Audiovisuais.

Un saúdo a todos os que o fixemos posible, a moitos perdinlles a pista. Vai por vos. Foi unha época fermosa.

Os medios fanse eco:
AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA